- Se quere ser
realmente diferente e orixinal non regale aquilo que todo
o mundo regalaría, pida que lle deseñemos o
seu propio agasallo.
- No mundo da
artesanía vostede encontrará todo aquilo co
que poida soñar, aquelas cousas de antano, ou de
hoxe que poden satisfacer os gustos máis
exquisitos, pero recorde que a artesanía é
unha producción limitada e exclusiva, cun forte
contido persoal, non deixe o seu encargo para
última hora.
- O artesán
carece a meirande parte das veces de estocaxe pola
sinxela razón de que non é , nin unha
máquina, nin unha empresa de producción en
serie. Estamos agardándoo para realizar aquilo que
vostede desexe.
|